Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe a incidencia da covid e a gripe en Galicia: a venda de probas de antíxenos aumentou case un 90%

Sobe a incidencia da covid e a gripe en Galicia: a venda de probas de antíxenos aumentou case un 90%

A taxa de dispensación de antigripais tamén se incrementou nun 24,5%

As consultas por covid-19 aumentaron un 43,3% e por gripe un 25,4%

Arquivo Arquivo
G24.gal 01/10/2026 19:52

A actividade gripal en Galicia atópase en intensidade basal e con tendencia crecente, segundo o informe da Consellería de Sanidade sobre infeccións respiratorias agudas referido á semana que acabou o 27 de setembro.

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5% e un 88,9%, respectivamente, en comparación coa semana anterior, tal e como informan as oficinas de farmacia que forman parte da rede sentinela creada pola Xunta para anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Segundo o informe semanal do departamento sanitario galego, a taxa de consultas por gripe aumentou un 25,4% respecto de a semana anterior e queda en 16,8 consultas por 100.000 habitantes.

A maior taxa de consultas foi no grupo de idade entre os 5 e os 19 anos

O aumento da taxa produciuse en todos os grupos de idade, excepto no de 0 a 4 anos. O grupo coa maior taxa de consultas foi o de 5 a 19 anos, con 33,4 por 100.000 habitantes.

No que se refire ás áreas sanitarias, o informe observa un aumento da taxa nas da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo.

As consultas por covid subiron un 43,3%

Respecto da covid, a taxa de consultas aumentou un 43,3% e situouse en 36,7 por cada 100.000 habitantes.

Este repunte observouse en todos os grupos de idade, aínda que foi máis acentuado no de máis de 80 anos, cun aumento do 70,1%.

Por áreas sanitarias, subiu en todas, sobre todo en Santiago e A Coruña.

Ingresos hospitalarios 

Respecto a ingresos por gripe, na semana que acabou o 27 de setembro ingresaron 31 persoas con gripe confirmada, un 15,4% menos que na semana anterior.

Os ingresos creceron nas áreas de Ferrol, Lugo e Pontevedra e no que vai de tempada notificáronse 4.457 ingresos por gripe, a maioría deles, 4.429, con virus do tipo A.

Mentres, os ingresos por covid aumentaron un 6,7%, ata 4,8 por cada 100.000 habitantes, e o grupo de idade con maior taxa foi o de 80 e máis anos, con 25,7 por 100.000. Por áreas, subiu en todas, excepto en Compostela (-52,5%) e Ferrol (sen variación).

En canto á positividade do virus da gripe, foi do 4,6%, inferior á semana anterior, cando alcanzara o 5,3%.

Sanidade insiste na importancia de vacinarse de gripe e Covid-19

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade