Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta perde a Starfelt para as próximas seis semanas

O Celta perde a Starfelt para as próximas seis semanas

O central sofre unha rutura fibrilar na coxa dereita

Mancouse no último encontro da selección sueca ante Bosnia

G24.gal 05/10/2026 18:19

Os servizos médicos do Celta avaliaron a Carl Starfelt tras o seu regreso a Vigo, despois de que o central abandonase a concentración de Suecia por unhas molestias na parte posterior da súa perna dereita.

A resonancia realizada ao xogador, substituído no minuto 31 ante Bosnia e Hercegovina, mostra unha rotura fibrilar na área miotendinosa do músculo semimembranoso con afectación no tendón proximal da coxa dereita.

Starfelt inicia agora o tratamento pertinente, que se estenderá ao redor das 6 semanas que se estiman de baixa. O central xogara ata o momento tres partidos de liga e un de Europa League. Se se cumpren os pronósticos, podería estar de volta para o encontro ante o Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade