Reto de altura para o Deportivo ante o Burgos, o equipo máis fiable en defensa na súa casa
Hidalgo: "O Burgos está moi ben traballado por Ramis. O equipo mellor traballado da categoría"
Os equipos visitantes só marcaron 11 goles no Plantío
Os de Antonio Hidalgo teñen unha nova oportunidade para seguir abrindo brecha cos seus perseguidores nun dos campos máis complexos da categoría para marcar. Sete xornadas seguidas sen perder avalan aos herculinos, segundos clasificados aínda que empatados a puntos cun Almería que non levanta o pé do acelerador. Por iso, o Dépor está obrigado a seguir sumando de tres se quere ampliar as súas opcións de dar o salto a Primeira División.
"Chega o final e todos xóganse algo. Son os momentos bonitos e aí estamos".
En principio, o técnico ten a todo o persoal dispoñible fóra de David Mella, baixa para o que resta de tempada. Entre outros, un Yeremay que volveu á titularidade esta semana rendendo a gran nivel e sendo clave na remontada.
"Precisamos que Yere esté feliz e iso é moi bo para todos".
O Plantío é un dos grandes feudos dá liga non no que a puntos respecta, senón na dificultade que ten marcar un gol neste estadio. O Burgos é o equipo de Segunda División que menos concede na súa casa e o Plantío o estadio onde menos goles se viron nas 36 xornadas que levamos de competición.
"O Burgos está moi ben traballado por Ramis. O equipo mellor traballado da categoría".
Con once goles concedidos nos 18 encontros ligueiros que disputou o Burgos como local, o conxunto castelán é o equipo máis fiable a nivel defensivo na súa casa.