Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Tambre corre risco de desbordarse en Trazo e en Oroso

O Tambre corre risco de desbordarse en Trazo e en Oroso

Estes concellos están hoxe na listaxe de avisos do plan Inungal

G24.gal 30/01/2026 14:37

Unha zona habitual de paseo pode converterse nun lugar en que a seguridade se vexa comprometida polas enchentes. Toda a chuvia acumulada río arriba nestas xornadas de temporal segue chegando polas caldeiras e os pequenos afluentes cara aos ríos principais. O Tambre, en Trazo e en Sigüeiro, segue con este vigor.

Os responsables de seguridade e emerxencias do Concello de Oroso pasan día e noite pendentes do caudal, para pechar os accesos aos paseos se se produce unha enchente.

Hoxe tamén tiveron moitas incidencias de árbores caídas durante a noite. O terreo máis brando e inestable, a chuvia que non para e as árbores que quedaron tocadas do vendaval do outro día manteñen ocupados os servizos de urxencia e aconsellan moita prudencia nos desprazamentos a todos os cidadáns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade