Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tarde de treboadas e chuvia en boa parte de Galicia

Tarde de treboadas e chuvia en boa parte de Galicia

Ata o mércores seguirá chovendo nas Rías Baixas e tamén nas Altas porque o oeste galego e o sur de Ourense seguen baixo a influencia dunha borrasca

G24.gal 09/05/2026 21:43

Despois dunha mañá con máis claros que nubes, a tarde no Sur de Galicia deu paso a varios trebóns que baleiraron as rúas, as terrazas e os paseos. Ademáis mantense unha anomalía fría con valores por debaixo da media da época quedando os termómetros en máximas de escasos 20 grao.

Así que a imaxe está sendo, de novo a dos paraugas e a dos chuvasqueiros e por tanto a da xente algo farta xa de tanta inestabilidade atmosférica, aínda que sexa normal nun mes de transición como o de maio. A paciencia, para os que imploran xa sol e praia, terá que prolongarse tres días máis porque polo menos ata o mercores non deixará de chover.    

O centro de Vigo a media tarde deste sábado non pillou a case ninguén sen paraugas nin chuvasqueiro. Paraba e volvía chover pero a maioría, non frearon os seus plans de fin de semana. 

Ata o mércores seguirá chovendo nas Rías Baixas e tamén nas Altas porque o oeste galego e o sur de Ourense seguen baixo a influencia dunha borrasca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade