Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tormentas provocaron inundacións en Monforte

As tormentas provocaron inundacións en Monforte

Rexistráronse inundacións na contorna da Compañía e en varios negocios, que tiveron que pechar para facer limpeza

A auga chegou á altura dos nocellos na zona de Monforte máis afectada
Félix Aragunde 18/06/2026 14:05

Unha tromba de auga acompañada de pedrazo colapsou o centro de Monforte en cuestión de minutos. Como consecuencia, as inundacións afectaron ao tráfico e diversos negocios quedaron anegados. Entre eles, comercios e locais de hostalería, onde mesmo tiveron que pechar para facer limpeza. 

"Temos unha comporta para que non entre tantísima auga da rúa, pero foi imposible. Temos un motor, pero é sacar auga para fóra e volver entrar", sinala a hostaleira Luisa Gómez.

"Pasamos toda a tarde limpando. Ao haber tanta auga abaixo, non puido baixar a auga polos desaugadoiros da terraza, e caeu polo teito tamén", láiase o comerciante Luis Linares. 

"Tivemos que marchar con todo para fóra, e vimos que cambaba o teito, que ao final caeu. Pechamos todo e intentamos sacar toda a auga que puidemos", engade Teresa Luaces, empregada dun restaurante. 

Os asolagamentos na contorna da Compañía repítense de xeito periódico. De feito, nun dos establecementos máis prexudicados barallan xa botar o peche ante a persistencia dun problema que non se dá solucionado. 

 "Eu estou indignada. Isto xa é insoportable. De feito, vou deixalo, porque xa non podo máis. É terrible", quéixase Luisa Gómez. 

"Aí estamos, acostumados xa. Cada ano co mesmo, dúas ou tres veces tócanos limpar", agrega Luis Linares. 

As inundacións rexistradas en Monforte mobilizaron tamén os servizos de emerxencias. 

Nun dos negocios máis frecuentemente afectados valoran botar o peche Nun dos negocios máis frecuentemente afectados valoran botar o peche
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade