Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres días sen poder sacar os coches do garaxe

Tres días sen poder sacar os coches do garaxe

Comezan os traballos para recuperar a normalidade tras a ruptura dunha tubaxe en pleno centro de Pontevedra

G24.gal 04/05/2026 14:07

Tres días despois da rotura da tubaxe que anegou o centro de Pontevedra, moitos veciños aínda non puideron sacar os coches do garaxe nin acceder aos seus rochos. Foron os peor parados, porque os negocios da zona funcionan xa con normalidade.

Operarios do Concello e do Servizo de Augas traballan arreo na rúa Benito Corbal para arranxar a desfeita do venres pasado. Os peritos están a avaliar os danos nas edificacións afectadas pola rotura dunha tubaxe de madrugada. A peor parte levouna un supermercado en que esa mesma noite comezaron os traballos de limpeza. Outros veciños salientan que ao día seguinte o estado da rúa non tiña nada que ver co desastre da madrugada. 

Malia os danos sufridos no supermercado, o resto dos negocios nas rúa Benito Corbal e Blanco Porto apenas sufriron os efectos do anegamento. Os responsables dos negocios nas rúas Benito Corbal e Blanco Porto recoñecen a sorte que tiveron ao salir indemnes do anegamento, pero oOs que seguen co susto no corpo son os veciños do edificio cuxo garaxe e rochos quedaron asolagados. Algúns deles añinda nin puideron acceder aos seus coches. 

Aínda queda auga nos tres andares do garaxe do edificio que levou a peor parte da rotura da tubaxe. Os veciños confían en recuperar a normalidade, malia que aínda non saben nin como van atopar os seus rochos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade