Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Proxecto Xenoma Galicia permitiu identicar xa 42 mutacións en enfermidades graves hereditarias

O Proxecto Xenoma Galicia permitiu identicar xa 42 mutacións en enfermidades graves hereditarias

En setembro ponse en marcha unha nova fase, cunha recollida de case 3.000 mostras na provincia de Ourense

G24.gal 27/08/2026 14:40

Na área sanitaria de Ourense vai comezar a nova fase do Proxecto Xenoma, un estudo que xa permitiu identificar 42 variantes asociadas a enfermidades hereditarias graves entre os galegos.

"Un proxecto tremendamente ambicioso. Para min único no mundo. Un grandísimo proxecto de investigación".

Non pasaron nin dous anos desde que o investigador e director do Proxecto Xenoma Galicia, Ángel Carracedo, pronunciaba estas palabras ao poñerse en marcha o primeiro cribado, e xa hai resultados. As análises permitiron identificar 42 casos que presentan variantes xenéticas de enfermidades hereditarias graves.

Comezamos a vislumbrar que en Galicia hai doenzas que levan, ademais de nome, un apelido; unha variante ou mutación que se foi transmitindo a través de xeracións. Que nos permite iso? Anticiparnos á aparición da enfermidade, deseñar tratamentos personalizados ou valorar se é conveniente estudar outros membros da familia.

O obxectivo final é chegar a recompilar o ADN de 400.000 galegos, mellorar a diana dos tratamentos e situarnos na  primeira liña da investigación biomédica mundial. 

"A unión de todos os datos clínicos e xenómicos permítenos entender a enfermidade e buscar novos fármacos. Temos unha oportunidade para o desenvolvemento do sector biotecnolóxico e farmacéutico", di Ángel Carracedo.

En setembro ponse en marcha unha nova fase do Proxecto Xenoma cunha recollida de case 3.000 mostras na provincia de Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade