Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como envellecer cun estilo de vida activo e saudable

Como envellecer cun estilo de vida activo e saudable

O benestar físico e emocional é unha cuestión de actitude e axuda a atrasar os signos e a percepción da idade

Un 57 % dos que superan a barreira dos 55 anos realiza exercicio físico de xeito habitual

0 38 % coida activamente a saúde emocional

O 79 % declárase feliz, unha percepción que mellora cos anos
G24.gal 27/08/2026 14:38

"Cando meu pai tiña a miña idade era un señor maior e eu aínda teño soños de xuventude e síntome máis novo", recoñece un home.

Peitean canas pero manteñen a vitalidade intacta. Un estudo en que participaron máis de 2.000 persoas que superaban os 55, desmonta o mito de que envellecemento é sinómimo de sedentarismo e desinterese polo benestar físico e emocional. Que cambiou?

"Primeiro que temos que producir cartos ata o último día das nosas vidas, non podemos soñar cunha xubilación entón hai que manter o corpo listo para que iso ocorra. Segundo que nos educamos máis sobre o corpo e sabemos como alimentarnos mellor e terceiro que hai unha cultura que te acompaña, no sei hai 20 ou 30 anos non había tantos ximnasios con tantas facilidades coma hoxe", continúa.

Seis de cada dez maiores declaran facer exercio de forma habitual. 

"A xente maior de 50, maior de 60 e mesmo maior de 70 xa está indo aos ximnasios. Non é coma antes que era un tema unicamente de aspecto físico, agora o que é é algo xa de saúde", explica Cristina Amo, xerente do Club Camn.

"Veño un par de veces á semana, saio un par de veces a correr, intento comer ben, deixei de fumar", apunta outro home.

Os hábitos saudables pasan tamén por entender que durmir non é unha perda de tempo.

"Iso funo aprendendo coa idade, cando era novo durmía moito menos do que precisaba e agora procuro chegar á 7 horas e media ou por aí", conta outro de 63 anos.

Máis da metade realizan revisións médicas preventivas para anticiparse ao que poida vir.

"Trato cada 6 meses de facer analíticas para saber onde estou e corrixir o que se poida corrixir, que tamén é outro cambio. Antes un ao médico ía enfermo e agora aos médicos un vai preguntarlles como non enfermar".

Un 53 % participa en actividades sociais e culturais. O benestar emocional tamén importa. O 80 % dos que pasaron a barreira dos 55 declara sentirse feliz e con ganas aínda de dar moita guerra.

"Se nin non te ves, e te vas facendo maior, sempre te conservas unha nena, muller, no fondo somos todos nenos", conclúe unha muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade