Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tren de borrascas das últimas semanas está a provocar estragos nas bateas

O tren de borrascas das últimas semanas está a provocar estragos nas bateas

Houbo incidencias en distintos puntos da costa, as últimas no concello de Boiro e no de Cangas

Desde o sector din  que o mantemento é clave para que as bateas poidan soportar condicions meteorolóxicas adversas

G24.gal 31/01/2026 19:24

Unha batea crebou na praia de Mañóns, no concello de Boiro, como consecuencia da forza do vento e da ondada das últimas borrascas.

Esta mesma semana, en Aldán, no concello de Cangas, o temporal arrincou unha batea da confraría para a depuración de ameixa, ainda que finalmente conseguiron rescatala. Son os dous exemplos máis recentes dos estragos que o tren de borrascas está provocando nas bateas.

"Os temporais están sendo moi fortes. Borrasca tras borrasca, é complicado. Desfeperfectos sempre hai: algún punto en que rompe, algunha viga, caixóns que se moven, algunha batea que vai a terra como pasou en Aldán... Cousas do temporal". conta o bateeiro, José Andrés Vidal. 

Desde o sector din  que o mantemento é clave para que as bateas poidan soportar condicions meteorolóxicas adversas.

"Afectar, afecta bastante. Nesta zona hai un bó mantemento" engade Santiago Fernández,  propietario dunha empresa de reparación de bateas.

"Ter a cousa un pouco coidada. Porque aínda que a teñas ben se non a revisas xa tes máis posibilidades de ter perdas. explica Martin Rei, outro bateeiro da ría de Arousa. 

Na ría de Arousa hai sete empresas que se dedican a traballos de mantemento e reparación de bateas, un sector que ten un gran carga de traballo, xa que o custo dunha batea nova pode superar os 100 mil euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade