Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os temporais dos últimos días provocaron importantes desprendementos de terra en Oleiros

Os temporais dos últimos días provocaron importantes desprendementos de terra en Oleiros

A chuvia intensa e a forte ondada destruíron parte do muro de contención

Para garantir provisionalmente a zona de Naval valaron con barreiras de protección

Reclámanlle a Costas unha reparación urxente

G24.gal 27/02/2026 14:22

A intensa chuvia e os temporais costeiros destruiron parte dun muro de protección na zona do Naval, en Santa Cruz, e provocaron importantes desprendementos de terra que afectaron unha superficie duns 500 metros cadrados.

"Foi destas borrascas que viñan con avisos vermellos, laranxas...". "Por sorte non pasaba ninguén cando aconteu".

Para impedir o paso pola zona e dar conta do risco que hai, provisionalmente, colocaron barreiras de protección. Porén a veciñanza pide que se tomen outras medidas para evitar calquera incidente.

"Porque vai comendo por abaixo e non sabemos que danos pode causar". "Pode seguir e afectar a estrada".

Unha estrada que dá acceso a esta praia.

"Entendo que aí non hai risco porque non está cortado".

Desde o Concello de Oleiros reclámanlle a Costas unha reparación urxente neste noiro. No caso de non actuar con axilidade, o Goberno local acometería a obra e reclamaríalle despois os gastos ao Estado, porque, segundo di, non é competencia municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade