Activado o Plan Inungal por posibles desbordamentos en varios ríos galegos
Son os ríos Mandeo en Coirós, O Mero e Valiñas en Cambre, o Barcés en Abegondo, O Tambre en Trazo, Balsa en Ponteceso, Gallo en Cuntis, Cabeiro en Redondela, Ladra en Vilalba ou o río Miño o seu paso por Lugo e Ourense
Inungal é o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia
As intensas choivas dos últimos días están provocando a suba repentina do caudal de moitos ríos. E aínda que a deste sábado é unha xornada moito máis calmada, permanece activado o Plan Inungal, xa que moitos ríos baixan moi cheos e hai risco de desbordamento.
Hai dez ríos en Galicia que precisan seguemento por posibles enchentas o que obrigou á Xunta a activar o Plan Inungal. Ríos que tiveron estes días un aumento moi alto da súa perigosidade por mo do caudal.
Este sábado o maior número de incidencias no sur de Galicia estivo na caída de árbores, non polo vento, senon pola cantidade de chuvia que leva caído nas últimas horas volvendo blando un chan incapaz de filtrar tanta auga.
Mañá domingo volverán as chuvias intensas polo que o risco nos ríos e nas súas beiras será moito máis perigoso.
Inungal é o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia
O Plan Inungal "establece a organización e os procedementos de actuación dos recursos e servizos cuxa titularidade lle corresponda á Xunta, e os que poden ser asignados a este por outras administracións, co obxectivo de minimizar os riscos nas zonas asolagadas ou previr e reducir no posible os accidentes e os danos acontecidos mediante a mobilización de medios de evacuación e de asistencia sanitaria e de lugares de aloxamento para os evacuados, así como de mecanismos de restauración das vías de comunicación e servizos básicos afectados", define a Xunta de Galicia na súa páxina Web este novo plan aprobado o 28 de outubro de 2024.
A través deste plan, a Xunta establece o marco de coordinación dos servizos de emerxencias para diminuir os riscos e reducir as consecuencias negativas dos asolagamentos.