A actividade física e o autocoidado, imprescindibles na etapa da menopausa
A menopausa centrou o encontro que reuniu na Coruña un equipo multidisciplinar de ponentes
A xornada estivo organizada pola Fundación María José Jove e a Fundación INGADA
A menopausa é un proceso de cambio no corpo da muller normal e natural polo que imos pasar todas. Porén, hoxe en día, 7 de cada 10 mulleres seguen sen recibir asesoramento específico por parte do seu xinecólogo.
Os sufocos, a fatiga, o insomnio e os cambios bruscos emocionais son algúns dos síntomas máis frecuentes neste período de transformación profunda.
Na Coruña, a Fundación María José Jove e a Fundación INGADA reuniron diversos profesionais da saúde e o deporte para ofrecer unha mirada integral sobre unha etapa que chega nun momento vital esixente, no que acotío se antepón o coidado dos demais ao propio.
"É de vital importancia a hixiene do sono, delegar tarefas e responsabilidades, practicar a asertividade, poñer límites e comunicarse mellor coa familia", comenta Ana Fátima Gómez, neuropsicóloga clínica.
Cando o propio o corpo pode chegar a ser percibido como inimigo, o exercicio físico sempre é un aliado. Realizar 150 minutos semanais de actividade aeróbica moderada e exercicios de forza dous días á semana xa reporta beneficios.
"Os beneficios do exercicio son integrais, desde o aspecto mental ao aspecto físico. Cando estás cansa e vas facer un adestramento o reporte mental que che dá fai que posiblemente acabes enganchada á actividade física, que é moi necesaria", explica Paula García Tenorio, licenciada en INEF.
As mulleres que transitan a menopausa precisan acompañamento e información rigorosa, saber que pasa no seu corpo nunha etapa que pode e debe ser vivida con conciencia e benestar.