Publicador de contidos

Publicador de contidos

Febreiro comeza cun novo temporal que activa o aviso amarelo por choivas

Febreiro comeza cun novo temporal que activa o aviso amarelo por choivas

A partir das 18:00 horas agárdanse acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado na metade oeste

A Xunta controla de preto, a través do plan INUNGAL, o caudal de seis ríos por risco de desbordamento

directo
G24.gal 01/02/2026 08:40

Febreiro comeza en Galicia coa chegada dunha nova fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Irlanda. O temporal vai deixar precipitacións importantes a última hora do día na metade occidental.

De feito, a partir das seis da tarde activarase o aviso amarelo por acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado na provincia de Pontevedra, na montaña de Ourense e no interior e oeste da Coruña.

A situación vai empeorar de cara ao vindeiro luns con aviso laranxa por vento no mar e ondas de ata seis metros nas Rías Baixas e na Costa da Morte.

As chuvias persistentes das últimas semanas manteñen activado o Plan Especial ante o risco de inundacións en Galicia (INUNGAL) en fase de preemerxencia. 

A Xunta está a controlar de preto o caudal de seis ríos: o Mero (Cambre), o Barcés (Abegondo), o Gallo (Cuntis), o Cabeiro (Redondela), o Tambre (Oroso e Santiago) e o Miñor (Gondomar).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade