Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 30 detidos e case 3,6 toneladas de cocaína comisadas nunha macrooperación en Valencia

Máis de 30 detidos e case 3,6 toneladas de cocaína comisadas nunha macrooperación en Valencia

A operación contra o Cártel do porto de Valencia está e marcha e prevense que o número de arrestos ascenda ata os 80

A dimensión da operación é tal que obrigou a mobilizar simultaneamente a un total de 45 letrados da Administración de Xustiza

 

A droga entraba en España a través do Porto de Valencia. EFE/Ana Escobar. A droga entraba en España a través do Porto de Valencia. EFE/Ana Escobar.
G24.gal 22/09/2025 20:53 Última actualización 22/09/2025 21:06

A macrooperación contra o Cártel do porto de Valencia foi coordinada polo titular do Xulgado de Instrución número 15 de Valencia e desenvolvida por axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.

Na operación, que continúa aberta, están previstas máis de 80 detencións de sospeitosos e leváronse a cabo xa case medio cento de entradas e rexistros, a maioría na provincia de Valencia, o que obrigou a mobilizar simultaneamente a un total de 45 letrados da Administración de Xustiza. Segundo indicaron fontes da investigación, a operación acumula ata o momento máis de trinta detencións.

A investigación xudicial, que está declarada secreta, iniciouse a finais de abril de 2024 e permitiu ata o momento, a falta de informes analíticos, a aprehensión de case 3,6 toneladas de cocaína.

O denominado Cártel do porto de Valencia funcionaba como unha organización criminal “en rede”, con diferentes ramas ou faccións separadas a modo de celas ou compartimentos estancos con funcións diferenciadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade