Detido na Coruña por tráfico de drogas tras o comiso de 650 gramos de cocaína
Nun rexistro no seu domicilio interviñéronse, á parte dos 650 gramos de cocaína (en roca e empaquetada en dose), diñeiro en efectivo, varios móbiles e útiles para a pesada do estupefaciente, ademais de producirse a incautación do seu vehículo
O detido foi posto á disposición xudicial o pasado venres, e o xulgado acordou o seu ingreso en prisión provisional
Axentes da Policía Nacional da Comisaría da Coruña desmantelaron un punto negro de venda de drogas no barrio da Sagrada Familia, e detiveron un home, ao que lle interviñeron 650 gramos de cocaína.
Segundo informaron fontes policiais, a operación 'explotou' o pasado 27 de novembro. Os investigadores comprobaron que o sospeitoso distribuía a droga no barrio da Sagrada Familia, onde residía, e tamén utilizaba o seu vehículo para facer as vendas. Ademais, o seu ámbito de actuación estendíase tamén a outros lugares da cidade herculina.
Tras a súa detención o pasado 27 de novembro, levou a cabo un rexistro no seu domicilio, onde se interviñeron 650 gramos de cocaína (en roca e empaquetada en dose), así como diñeiro en efectivo, varios móbiles e útiles para a pesada do estupefaciente.
Tamén foi comisado o vehículo que utilizaba para vender a droga. O detido foi posto á disposición xudicial o pasado venres, e o xulgado acordou o seu ingreso en prisión provisional.