Detido en Portugal un home que fuxiu dunha prisión de Lugo durante un permiso ordinario
Ademais ao sospeitoso cónstanlle tres ordes de busca e detención emitidas por xulgados da provincia de Málaga, todas elas en vigor
A investigación do Grupo Operativo de Preveción da Delincuencia da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela permitiu a detención dun home que fuxiu durante un permiso da prisión de Lugo en que estaba interno.
Segundo informaron fontes policiais, o home non regresara ao centro penal tras un permiso ordinario e os axentes descubriron que se desprazaba puntualmente á cidade de Vigo.
As xestións realizadas permitiron constatar que o prófugo estaba a residir na cidade portuguesa do Porto para eludir o control das autoridades españolas.
Ademais de fuxirse durante o permiso, ao sospeitoso cónstanlle tres ordes de procura e detención emitidas por xulgados da provincia de Málaga, todas elas en vigor.
Unha vez recompilada e verificada a información operativa, os axentes da Policía Nacional solicitaron a emisión dunha Orde Europea de Detención e Entrega (OEDE). Grazas a esta medida o pasado mes de xaneiro o fugitivo foi detido en territorio portugués pola Brigada de Prevención Criminal da División de Investigación Criminal da Polícia de Segurança Pública (PSP) de Portugal.
Posteriormente, e en aplicación dos mecanismos de cooperación policial internacional, as autoridades portuguesas entregaron o detido a axentes da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Badaxoz no Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA) da Comisaría Conxunta de Caya-Elvas, na provincia de Badaxoz.
Tras pasar a disposición xudicial, o arrestado foi reingresado o día 4 de febreiro na prisión de Lugo, á cal non regresara tras o permiso ordinario.
A Policía Nacional ha posto en valor os mecanismos de cooperación internacional con outras forzas policiais para levar a cabo actuacións como esta, e tamén destacaron a importancia de colaboración cidadá.