Cargando resultados...
Detido en Lugo como suposto autor da violación dunha moza de 18 anos
O detido permanece nos calabozos da Comisaría Provincial de Lugo, á espera de pasar a disposición xudicial
TVG
G24.gal
29/04/2026 09:53
Un home de 27 anos de idade foi detido en Lugo por axentes do Corpo Nacional de Policía como investigado pola violación dunha moza de 18 anos na capital lucense.
Fontes policiais confirmaron a EFE que os feitos que están a ser investigados sucederon o sábado, pero a detención do sospeitoso non se produciu ata última hora do domingo na zona de Augas Férreas.
O detido permanece desde entón nos calabozos da Comisaría Provincial de Lugo, á espera de pasar á disposición xudicial.