Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos leves no atraco dunha cafetería en Vigo

Dous feridos leves no atraco dunha cafetería en Vigo

Dous clientes foron feridos cando intentaban reducir a atracadora, que portaba un coitelo

TVG
G24.gal 29/04/2026 09:02

Dúas persoas foron feridas cando intentaban reducir a atracadora dunha cafetería en Vigo. 

Os feitos aconteceron este martes á tardiña, cando unha muller, supostamente armada cun coitelo, irrompeu no establecemento e esixiu a recadación da caixa.

Dous clientes do local, situado nas proximidades da estación de tren de Guixar, intentaron reducila e, no forcexo, foron feridos leves, con cortes nun dedo e nun brazo, respectivamente.

Finalmente, conseguiron controlar a muller, de 23 anos, ata que chegou a Policía Local e a levou arrestada como presunta autora de delitos de roubo con violencia e intimidación e lesións

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade