Denuncian condicións de traballo insostibles desde o incendio na comisaría de Santiago
Entre as zonas afectadas están os calabozos, o que obriga a levar cada día os detidos a outras comisarías galegas
Din que sofren un agravio que prexudica os galegos no seu conxunto
"A dignidade policial non se negocia!". É a protesta de funcionarios policiais de Santiago dous meses e medio despois do incendio que calcinou boa parte da súa comisaría, que permanece pechada.
"Non sabemos cando van comezar as obras nin os prazos nin nada. Aí hai zonas arrasadas, caeron paredes", explica Agustín Vigo, coordinador en Galicia da Confederación Española da Policía.
Entre as zonas afectadas están os calabozos, o que obriga a levar cada día os detidos a outras comisarías galegas.
Denuncian tamén graves problemas de espazo, tanto no local habilitado fronte á comisaría como nos postos móbiles instalados no Obradoiro. E din que sofren un agravio que prexudica os galegos no seu conxunto.
"Marlaska non o tomou en serio, pretende darlle unha capa de chapa e pintura e listo, e mentes en Cataluña ou Euskadi hai millóns de euros para novas comisarías", apunta Enrique Vigo.