O Milladoiro estrea o luns o carril bici, pero xa houbo sancións a condutores mal estacionados
Os operarios rematan os traballos de pintando da vía
A Policía Local tramitou oito sancións a vehículos estacionados no carril
"Tivemos que poñer algunha sanción porque empezaron a pintar a principios de abril, tiveron poñendo carteis para que retiraran os vehículos e fixeron caso omiso das indicacións".
"Estacionar no carril bici son 200 euros de sanción", di Maximimo García, oficial xefe da Policía de Ames.
As explicacións do axente non convencen de todo a condutores como Fran que frecuenta a zona coa súa furgoneta de traballo e o luns recibiu unha sanción por estacionar o vehículo neste carril bici.
"Alí onde están puntando, 200 pavos. É o que hai. Aos que traballamos fastidianos bastante".
"Independentemente do carril bici, non ser podería estacionar en ningún momento, de feito deixose tres meses, púxose carteis informando pero non nos quedou outra que sancionar", di axente.
Entre os residentes nesta vila limítrofe con Santiago as opinións son enfrontadas.
"Está ben que os que usan a bici teñan un acceso a vía".
"Non creo que teña moita utilidade. A estrada sempre está chea de coches, de camións, non hai tampouco moitos ciclistas por esta zona".
"Paréceme unha medida moi interesante, tendo en conta que queda tan preto de Santiago e ir en bici é accesible".
Paralelo ao carril bici, queda unha zona de estacionamento cun máximo de 20 minutos para carga e descarga e a parada de taxis.
E que fago coa furgoneta que estou traballando, déixoa a un quilómetro?", di un condutor.
A partir do luns, que abre o carril, ciclistas e condutores están obrigados a unha convivencia no uso nesta vía Rosalía de Castro de acceso á localidade.