Os ciclistas gañaron fronte a choiva do Día da Bicicleta da Coruña
A auga non desanimou os centos de participantes nesta marcha solidaria
Foi unha xornada familiar para todas as idades organizada por Agaxorde
As bicicletas tomaron as rúas da Coruña dende María Pita ata Riazor.
O único requisito para participar era ter a bici posta a punto para botarse andar nela no Día da Bicicleta da Coruña.
Ao redor dun milleiro de participantes de todas as idades achegaronse a participar. Expertos ciclistas e debutantes puxéronse aos pedais con retos por diante, a choiva presente e sobre todo ganas de compartir a xornada en familia
A marcha era non competitiva, de caracter solidario, unha cita lúdica para promover a bicicleta como medio de transporte saudable e sostible.
En total, eran 12 km percorrendo a fronte marítima coruñesa con paradas na Torre de Hércules e Riazor.
Por segundo ano, a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) foi a reponsable de que a Coruña recuperara este Día da Bicicleta. Tamén como acción solidaria para dar a coñecer o traballo de entidades como Enki ou a institución benéfica Padre Rubinos
Este ano iso si, coa choiva ben presente. E malia todo, o paseo resultou relaxante. Para uns máis ca outros.