Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece en Cee un ciclista que percorría en grupo o Camiño a Fisterra e caeu por unha pendente

Falece en Cee un ciclista que percorría en grupo o Camiño a Fisterra e caeu por unha pendente

Formaba parte dun grupo de sete persoas, e caeu cado circulaban por unha pista forestal

G24.gal 25/09/2026 19:44 Última actualización 25/09/2026 21:49

Falece un ciclista que formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría o Camiño a Fisterra en bicicleta. Nunha pista forestal de Brens, a vítima caeu nun punto cunha pendente pronunciada.

Na chamada que recibiu o 112, xa se alertaba de que o estado do ciclista era de extrema gravidade. Por iso, puxeron ao alertador en contacto cos profesionais do 061 co fin de recibir as instrucións pertinentes ata a chegada da axuda. Mobilizouse o helicóptero medicalizado que, malia o esforzo, nada puido facer para salvar a vida do ciclista.
 

Pola súa banda, os bombeiros do parque comarcal colaboraron co equipo médico para chegar ata a vítima, que se atopaba nunha zona de difícil acceso para calquera vehículo que non fose un todoterreno. No operativo tamén prestaron apoio os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade