Cargando resultados...
BiciArteixo e BiciCoruña conectan os seus servizos no intercambiador de Meicende
Os usuarios cambian de bicicleta na estación fronteiriza e continúan a ruta
A idea é promover a mobilidade sostible entre ambos concellos
G24.gal
21/08/2026 14:50
Moverse en bicicleta pública entre Arteixo e A Coruña é desde agora un pouco máis fácil. O novo intercambiador de Meicende enlaza os servizos de ambos concellos.
Como non está permitido usar as bicicletas fóra dos municipios correspondentes, o intercambiador fai de fronteira. Nela os usuarios cambian de vehículo e continúan a ruta. Iso si, para facelo teñen que estar dados de alta nas dúas plataformas de acceso.
Unhas 65.000 persoas viaxan a diario entre estes dous concellos, xerando un tráfico denso. A idea é que cada vez máis persoas aposten por deixar o coche na casa e se apunten á mobilidade sostible.