Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bicicleta é un medio de transporte saudable e repetuoso co medio ambiente

A bicicleta é un medio de transporte saudable e repetuoso co medio ambiente

Cada vez son máis os que usan a bicicleta como medio de transporte no seu día a día

As fins de semana son os días escollidos para saír de ruta en bicicleta, ben sexa por estrada ou polo monte

G24.gal 19/04/2026 19:50 Última actualización 19/04/2026 21:33

As bicicletas son cada vez máis para as cidades. Quen as usan a diario destacan que son un medio de transporte rápido, barato e que permite facer exercicio e coidar do medio ambiente.

As cidades traballan dende hai anos para ser mas amables para os ciclistas creando carrís bici ou servizos de alugueiro de bicicletas. Con todo queda traballo por facer para que os coches perdan protagonismo a favor das bicis como acontece noutras cidades europeas.

"Deberían habilitar máis carrís bici, máis zonas adaptadas para poder saír nela."

"E os coches que te respeten un pouco máis."

Pero ademáis dun medio de transporte as bicicletas son tamén unha afección para moitos que aproveitan a fin de semana para saír de ruta, ben sexa por estrada ou polo monte.

"E ao final acabeime enganchando porque desconectas de todo e non dependes de ninguén para disfrutar."

"Desconectas moito dos problemas ou preocupacións que poidas ter e pásalo moi ben."

Boa mostra da paixón que desata o ciclismo son as moreas de clubes ciclistas que proliferan na nosa comunidade.

"Ata que encontrei o clube de Oroso e despois vés unha vez e xa te enganchas co compañeirismo que hai."

"Saír en grupo con toda esta xente, facer novas amistades e estar ao aire libre."

Ben sexa en ruta ou como medio de transporte diario o que está claro é que andar en bicicleta é unha tendencia á alza.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade