Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda presenta aos empresarios chineses o potencial de Galicia para investir na automoción

Rueda presenta aos empresarios chineses o potencial de Galicia para investir na automoción

O presidente da Xunta busca atraer novos proxectos para o país facendo valer a experiencia galega no sector

Alfonso Rueda reuniuse en Shanghái coa directiva de Saic, o maior fabricante de automóbiles do xigante asiático

G24.gal 23/04/2026 14:47

A automoción centrou a primeira xornada de traballo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na China. O xefe do Goberno galego reuniuse coa directiva do maior fabricante de automóbiles do país, Saic, para explicarlle a experiencia de Galicia no sector do motor e presentarlle as posibilidades de investimentos que ofrece a nosa comunidade.

Rueda, acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou na mañá deste xoves un centro de innovación vencellado á automoción así como varias empresas relacionadas coa loxística (Anji) ou os compoñentes (Hasco), todas elas ubicadas na cidade de Shanghái.

A delegación galega mantivo despois en Pequín unha reunión de traballo co presidente de SAIC Motors, Xiaoqiu Wang, e outros cargos directivos da compañía.

"Temos en Galicia a fábrica de automóbiles máis produtiva de España (Stellantis Vigo) e todo un ecosistema industrial relacionado coa automoción que está aberto a investimentos, e vimos a ofrecer Galicia como un lugar propicio", dixo Rueda en declaracións aos medios.

O presidente trasladoulles ás compañías chinesas a experiencia que ten Galicia neste eido así como a posición xeográfica estratéxica -que brinda unha gran conectividade a través dos portos-.

Galicia ten 250 empresas vencelladas ao mundo da automoción, un eido que da emprego a 24.000 traballadores e que representa o 15,5 % do PIB autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade