O tempo e a formación, claves do éxito da remuda nas empresas
Un estudo revela que o 41 % das pemes carecen de plans de sucesión que aseguren a continuidade da compañía
Da maquinaria á construción e, máis tarde, á reciclaxe de materiais. Hoxe son máis dun cento de empregados e preparan xa a segunda remuda na compañía.
"Canto máis o teñas pensado, acordado e, se pode ser, asinado, vaiche axudar", explica o director xeral do Grupo Rilo.
Máis dun 90 % do tecido empresarial galego son empresas familiares.
"Unha compañía que traballa de cara ao futuro, traballa con proxectos a longo prazo. Entón é máis doado que permaneza", asegura Margarita Hermo, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar.
A situación complícase cando non hai un plan de remuda xeracional.
"O responsable da compañía ten a opción de acudir ao mercado externo á busca de talento, aínda que non teñan o arraigo desexado ou buscar eses futuro directivo dentro da propia organización", explica Andrés Jiménez , director de Negocio de Robert Walters.
Unha de cada catro empresas recoñece que ten dificultades para atopar perfís de liderado no mercado laboral. Os expertos dan a clave.
"O tempo e a planificación . E a formación do sucesor qe non ten que ser necesariamente da familia", recomenda José Mª Márquez, consultor de empresas.
E din que a falta de planificación pon en risco a continuidade de moitas empresas.