Cargando resultados...
Táboas de surf artesanais de madeira e personalizadas
Fainas "Camiño do río" no Grove e custan desde 1.200 euros
G24.gal
06/04/2026 20:46
Desde hai 15 anos é posible ter unha táboa de surf feita de madeira e customizadas. Fainas unha empresa do Grove que se denomina Camiño do Río. Custan preto de 1.200 euros. Medio cento de persoas xa as posúen. Agora Rodrigo Núñez Bea e Óscar Moraña xa só as fan por encarga.
Empregan madeiras nobles como castiñeiro, freixo ou piñeiro; pero as favoritas son a paulownia, o aiús ou a balsa. Teñen un tacto especial e melloran co contacto coa auga. Hai quen as baixa ao mar e logo déixaas no salón da casa pola súa beleza.
Hai tantas decoracións como persoas desde flores de toxo encapsuladas ata bólas do xogar ou cristais ou cunchas de praia envoltas en rexina "epoxy".