Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praia de Razo, en Carballo, entre os mellores destinos para iniciarse no surf

A praia de Razo, en Carballo, entre os mellores destinos para iniciarse no surf

Cada semana o campamento recibe 70 mozos e mozas

Chus Purriños 13/07/2026 21:28 Última actualización 13/07/2026 22:23

Sylbain acompaña as súas fillas na súa primeira clase de surf. Esta familia galego-suíza combina as súas vacacións na praia de Razo coa práctica do deporte.

"Aquí hai as ondas e todo o espazo, así que está ben que o intenten por primeira vez na súa vida". 

Minutos despois, obxectivo conseguido. A escola de Razo leva máis de 35 anos formando surfistas. Todo mudou neste tempo. O que máis: "É moito máis diverso. Naqueles tempos eran todos homes e agora estamos nun 70% de mozas e un 30% de mozos", asegura Alejandro Vaquez, director de Raz Surf Camp.

Cada semana o campamento recibe 70 mozos e mozas. As procedencias son diversas. Tanto españolas como estranxeiras.

A actividade é intensa na auga. E tamén fóra dela. "Nunca fixera surf antes e vin por Tiktok a oportunidade de vir a este campamento e encantoume. Vin que había moitas actividades como ioga amais de surf, ginkanas como a que hai agora aquí", di Ana que chegou desde Xaén.

Hugo, de Menorca, destaca tamén que no campamento "hai xente que vén de moitos países. Amais hai moi bo ambiente e todas as actividades están enfocadas a que nos relacionemos máis co resto de persoas",

Unha vez aprendidas as primeiras pautas, a praia é lugar para perfeccionar a destreza.

"Temos un campo de xogo que é a prais de Razo que é un escenario incomparable con ondas suaves durante todo o verán", explica o director de Raz Surf Camp.

Un auténtico paraíso para collerlles o gusto ás ondas en plena Costa da Morte.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar