Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xinetes das ondas compiten na Costa da Morte no Malpica Surf Fest

Os xinetes das ondas compiten na Costa da Morte no Malpica Surf Fest

O Malpica Surf Fest inclúe probas nacionais e proporciona o mellor ambiente surfeiro

Corenta dos mellores especialistas en Longboard e Stand Up Paddle Surf compiten na praia de Area Maior

O festival xunta o mellor do mundo do surf con moitas actividades para o público

G24.gal 25/10/2025 15:17 Última actualización 25/10/2025 17:32

Ondas e táboas fan de Malpica o centro do surf nacional por un día. É que durante todo o día a praia de Area Maior acolle o Malpica Surf Fest, un evento que achega os representantes máis salientables do circuíto nacional e que tamén conta co ambiente máis atractivo para os seguidores desta afección.

"É a primeira edición do Malpica Surf Fest por esa cuestión de que imos meter máis actividades para facer unha fin de semana máis amena en Malpica e que a xente poida vir desfrutar dos mellores surfistas nacionais e termos un día agradable na praia arredor do surf", comenta Carlos Fernández, organizador do evento.

A competición, que conta coas probas finais para este serán, acolle corenta participantes de dúas especialidades: a de longboard, na que se desenvolve unha das probas da liga nacional, e a Stand Up Paddle, da que sairá o campión de España.

"Fago 'longboard', que é cunha táboa máis longa, onde no canto de xirar danse pasos para chegar á punta. Tamén os xiros son máis suaves", comenta Lola, unha surfista coruñesa, sobre a especialidade na que participa.

O festival, que ademais de competición tamén inclúe feira e actuacións musicais, está organizado por One Surf Academy. Aínda que a vila coruñesa xa acollera competicións previas, o Malpica Surf Fest pretende converterse nunha cita ineludible para desfrutar do deporte e das excelencias da Costa da Morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade