Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata o Gadis Surf Festival de Ferrol, cinco días de ondas coa elite mundial

Remata o Gadis Surf Festival de Ferrol, cinco días de ondas coa elite mundial

Celebráronse dúas probas oficiais do circuíto mundial: a Longboard LQS 1000 e a Júnior WSL JQS 1000

Ademais das probas de surf, o festival tivo música en vivo, espazos gastronómicos, ludoteca e mercado artesán

Probas oficial do circuíto mundial Junior WSL. Fotos cortesía WSL
G24.gal 29/06/2025 17:30 Última actualización 29/06/2025 18:49

Despois de catro días de competición dos grandes do surf, Ferrol pecha o Gadis Surf Festival coas finais de longboard e da proba do circuíto da liga mundial de surf júnior, os menores de 21 anos.
Nestes días milleiros de persoas acudiron a ver a competición e a gozar dos concertos, da oferta gastronómica do campionato e das actividades para os cativos. 

Preto de 200 surfistas de elite competiron estes días nas dúas primeiras probas do calendario da Liga Mundial de Surf Profesional, en logboard e tamén no campionato júnior, que por segundo ano se volveu celebrar en Ferrol.

Mundial de surf Junior WSL Mundial de surf Junior WSL

O cámping das Cabazas, en Cobas, converteuse no epicentro dunha competición que se celebrou nas augas da Fragata e de Esmelle. Esta mañá a néboa atrasaba a competición ata o mediodía, pero non a calidade da proba.

"Está saíndo moi ben. Tivemos moi boas ondas, sol, tempazo, ambiente e nivel. Tivemos os mellores júniors de Europa, tanto masculinos como femininos. A participación galega tamén incrible", di Gony Zubizarreta, surfista profesional e campión do mundo en 2002.

 

Foto: Cortesía Junior WSL Foto: Cortesía Junior WSL

Aínda que ningún galego chegou á final desta tarde, caeron nos oitavos, o nivel, recoñecen os organizadores, é moi bo. Xunto con isto, o sol e as condicións do mar atraeron máis público.

"Se miramos as cifras contabamos con superar as cifras do ano pasado. Pero os datos que nos está pasando din que xa pasamos esa barreira. Creo que andaremos sobre 15.000 ou 20.000 espectadores", asegura Yago Barreto, director do Gadys Surf Festival

 

Foto: Cortesía  WSL Foto: Cortesía WSL

No cámping das Cabazas ademais dos deportistas, os asistentes puideron facer uso da ludoteca para os cativos que quixesen aprender skate e surf, das zonas gastronómicas, do comercio local e asistir aos concertos. 

Foto: Cortesía  WSL Foto: Cortesía WSL
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade