Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Silleda

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Silleda

Segundo as estimacións provisionais da Xunta, supera as 20 hectáreas 

O de Quiroga, que queimou 420 hectáreas, está xa estabilizado

Arquivo/Carlos Castro/Europa Press Arquivo/Carlos Castro/Europa Press
G24.gal 18/09/2026 08:37 Última actualización 18/09/2026 09:47

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros.O lume iniciouse ás 22:49 horas deste xoves e, segundo as estimacións provisionais da Xunta, afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas. 

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 7 axentes, 8 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, así como outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade