Un surfista falece afogado nunha praia de Oia
O falecido é un home de 64 anos de nacionalidade americana que vivía na Guarda
Outros surfistas que estaban na zona foron os que sacaron a vítima do mar
Foi contras as 11:30 desta mañá cando un particular alertou de que había unha persoa inconsciente na auga, a carón da praia de Porto Senín. Outros surfistas que estaban na zona foron quen de sacar a vítima do mar.
"Ahí pasou algo porque a táboa traea a corrente hacia terra e ao home xa non o vexo. E xa se lanzaron os compañeiros con outras táboas e xa o foron traendo cara a terra".
"E xa vi que traían eses dous chicos que son alemáns, un señor nunha táboa. E díxenlles: Precisan axuda? E dixéronme: si, por favor, axuda, axuda".
"Colaboramos co 061 en maniobras de RCP básicas, pero lamentablemente ao final, despois de 40 minutos, case 50, non se puido facer anda pola persona afogada".
Ata a zona desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias e tamén o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se mobilizou o Grupo Acuático do GES da Guarda e a Garda Civil.
Pese aos esforzos dos servizos de emerxencias, non se puido evitar o falecemento da vítima.
🔴 #AXEGAInforma dun surfista falecido en Oia.
— 112 Galicia (@112Galicia) March 28, 2026
📍 Praia de Porto Senín.
➡️ A persoa foi sacada da auga por outros surfistas.
🔗 https://t.co/qpBctIUvgG pic.twitter.com/HpbpVoAFIE