Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Gónzález: "Hai marxe de mellora para reducir o impacto tremendo do absentismo laboral"

José Gónzález: "Hai marxe de mellora para reducir o impacto tremendo do absentismo laboral"

O conselleiro de Traballo nega que a Xunta estea "criminalizando" os traballadores e defende abordar esta problemática "abandonando o ruído e a demagoxia"

A Xunta tivo xa un primeiro contacto cos axente sociais e confía en ter avances entre maio e xuño no seo do diálogo social

O conselleiro de Traballo, José González, este xoves nunha entrevista no 'Bos días'
G24.gal 23/04/2026 10:02

A Xunta traballa nun plan pioneiro integral no seo do diálogo social para tentar reducir o "impacto tremendo" que o absentismo laboral ten no produto interior bruto de Galicia.

Segundo o conselleiro de Traballo, José González, este absentismo tivo un impacto no PIB de 2.268 millóns de euros en 2024, xa que as empresas non cubriron o 40 % das baixas dos seus operarios. Así se tira dun informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo e presentado aos axentes sociais por parte do Goberno galego.

"Temos que falar de causas e as consecuencias do absentismo", explica González nunha entrevista no 'Bos días'. "Cando un traballador sofre unha enfermidade, lesión ou un accidente, loxicamente, ten todo o dereito do mundo a estar de baixa e que o sistema lle dea cobertura, pero as cifras de Galicia amosan que é unha problemática que impacta directamente na produtividade galega".

González defende buscar solucións no seo do diálogo social e confía en ter avances entre maio e xuño.

"Hai moito ruído e demagoxia"

Na entrevista, o conselleiro de Traballo contestou as críticas da oposición, que acusa o Goberno galego de criminalizar os traballadores. José González apunta que hai "moito ruído e demagoxia" e afirma que hai "moita marxe de mellora".

"Se hai alguén enfermo, hai que respectalo. Pero hai marxe de mellora para reducir o impacto tremendo do absentismo a través da introdución de medidas que melloren o benestar laboral".

Para tentar reverter esta situación, a Xunta está traballando nunha estratexia de benestar laboral, analizando cales son os sectores máis impactados polas baixas e introducindo medidas que melloren as condicións dos raballadores. O conselleiro confía en ter "no prazo máis breve posible, un plan integral para presentarllo á cidadanía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade