Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan restos óseos enterrados nunha vivenda de Badaxoz que poderían ser de Francisca Cadenas

Atopan restos óseos enterrados nunha vivenda de Badaxoz que poderían ser de Francisca Cadenas

Deteñen dous irmáns que viven na mesma rúa da vítima como sospeitosos de homicidio

G24.gal 11/03/2026 20:08

A Garda Civil localizou restos óseos "polo momento sen identificar", enterrados nunha vivenda que se está a rexistrar na localidade de Hornachos (Badaxoz), no marco das actuacións destinadas ao esclarecemento da desaparición de Francisca Cadenas.

Os axentes detiveron dous irmáns que viven na mesma rúa como supostos autores do homicidio.

A investigación desenvolvida por axentes da Unidade Central Operativa (UCO) e da Comandancia de Badaxoz, apoiados hoxe polo Equipo Central de Inspeccións Oculares (ECIO) do Servizo de Criminalística da Garda Civil, está dirixida pola Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Villafranca de los Barros (Badaxoz), segundo indica a Garda Civil nunha nota de prensa.

A  desaparición de Francisca Cadenas produciuse en 2017 na localidade de Hornachos, en Badaxoz.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade