A defensa do principal acusado polo alixo do Simione di que o barco ía a Viana do Castelo para repararse
A defensa do principal acusado polo alixo do Simione di que o barco ía a Viana do Castelo para repararse
O xuízo encara a recta final, a espera da declaración do empresario residente en Vigo acusado de liderar a trama
Unha vintena de gardas civís testificaron este mércores, entroutras testemuñas, na Audiencia de Vigo no xuízo polas 3 toneladas de droga incautadas no pesqueiro Simione no 2022. Todos eles participaron en diversos dispositivos de vixilancia, detencións e noutras operacións contra o narcotráfico no Salnés.
Malia algúns seguimentos policiais que relacionan o principal acusado con persoeiros relacionados co tráfico de estupefacientes, a súa defensa centrouse en desbotar calquera relación con esas redes e poñer en dúbida a cadea de custodia das probas.
No banco sentan dende o luns o empresario residente en Vigo a quen acusan de organizar o transporte do alixo, canda o capitán e outros dous tripulantes do Simione. Un deles, un cidadán angolano que tamén está pendente de declarar.
Este xoves será a quenda de novas testemuñas, entre elas os peritos xudiciais. Tamén podería declarar o suposto líder da trama que solicitou facelo ao final da vista oral. A súa defensa baséase en que o Simione navegaba do Senegal a Portugal con múltiples avarías para ser reparado nun estaleiro en Viana do Castelo.