Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mortos nun novo ataque dos Estados Unidos a una lancha no Pacífico Oriental

Tres mortos nun novo ataque dos Estados Unidos a una lancha no Pacífico Oriental

Este ataque forma parte da campaña que Washington empezou en 2025 contra o narcotráfico no Caribe

Son máis de 130 os falecidos nos ataque en augas internacionais do Caribe e do Pacífico 

Imaxe publicada polo Comando do Sur da lancha momentos antes do ataque
G24.gal 27/04/2026 17:31

Tres persoas morreron nun novo "ataque cinético letal" lanzado polas forzas dos Estados Unidos contra unha embarcación supostamente vinculada ao narcotráfico en augas do Pacífico Oriental, informou este luns o Comando Sur.

A operación tivo lugar o domingo, detallou o comando a través dunha mensaxe na rede social X, que acompañou dun vídeo do momento en que a lancha é impactada por un proxectil.

"A Intelixencia confirmou que a embarcación transitaba por rutas coñecidas de narcotráfico no Pacífico Oriental e que participaba en operacións de narcotráfico. Tres homes narcoterroristas resultaron mortos durante esta acción", agregou o mando militar.

Ningún membro das forzas armadas dos EUA sufriu danos, segundo o Comando Sur. A Administración do presidente Donald Trump defende o seu dereito para deter o fluxo de drogas cara ao país, razón pola que desde agosto de 2025 despregou un grande operativo militar no Caribe, que logo estendeu ao Pacífico.

Con este novo ataque, son xa máis de 130 as persoas que morreron durante estas actividades militares en augas internacionais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade