Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión veciñal frea a suba da taxa de lixo do Morrazo, que non entrará en vigor polo menos ata 2027

A presión veciñal frea a suba da taxa de lixo do Morrazo, que non entrará en vigor polo menos ata 2027

A mancomunidade non deu contestado as case catro mil alegacións que presentaron veciños, empresas e comercios da comarca

G24.gal 17/12/2025 17:41

A suba da taxa do lixo do Morrazo non entrará en vigor ata 2027. A mancomunidade non deu contestado as case catro mil alegacións que presentaron veciños, empresas e comercios da comarca contra a polémica ordenanza e pospuxo a súa aprobación definitiva ata o mes de febreiro.

Iso atrasa polo menos un ano a súa entrada en vigor. O pasado mes de outubro tiveran lugar diversas mobilizacións de colectivos veciñais e empresariais do Morrazo para protestar polo excesivo incremento previsto, na súa opinión, para esa taxa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade