Veciños do Morrazo piden unha solución á suba da taxa do lixo
Os veciños van asumir un incremento no recibo superior ao 80 por cento: pasarán de pagar 68 euros a 126
A medida afecta 32.000 vivendas do Morrazo
Hostaleiros e comerciantes do Morrazo piden medidas que mitiguen a suba da cota do lixo
Os veciños do Morrazo foron dos primeiros en saír á rúa para protestar pola suba da taxa da recollida do lixo. Son eles os que terán que pagar os algo máis de catro millóns de euros dos 5,8 aos que ascende o total da recadación que suporá a suba do lixo.
Reclaman solucións ao Goberno da Mancomunidade para evitar que se aplique a suba do 84 por cento nos recibos.
Os sectores económicos, que xa mantiveron unha reunión coa mancomunidade, agardan respostas ás súas demandas.
Piden solucións á suba que prevé recibos de máis de 1.000 euros para a hostalería.