Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tendas de compravenda de ouro multiplican a súa actividade

As tendas de compravenda de ouro multiplican a súa actividade

O ouro marca un récord histórico e supera por primeira vez os 5.000 dólares por onza. Isto convérteo nun activo seguro.

Nótase nas tendas de compravenda, que experimentan un importante aumento de clientes que acoden a taxar as súas xoias

G24.gal 30/01/2026 14:31

As fortes subas deste metal precioso, durante o último ano ata un 70 por cento, despertan o interese dos que queren vender as súas xoias despois de anos gardándoas. 

O mercado internacional dos metais preciosos vive un fito sen precedentes co ouro en máximos históricos superando por primeira vez os 5.000 dólares a onza. 

Convertido en valor seguro tamén aumenta o ánimo dos que buscan comprar como unha forma de sacar rendibilidade aos seus cartos. 

No que vai de 2026, tan só un mes o ouro revalorizouse xa un 18 por cento, e hoxe véndese a 150.000 euros o quilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade