Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoias feitas con lixo do mar

Xoias feitas con lixo do mar

María de Dina é María Candamo, a deseñadora que procura nos refugallos do mar para crear bixutería única

Usa redes, aparellos e cunchas para darlles formas con resina

G24.gal 09/02/2026 13:55

Unha artista galega que atrapa anacos de cabos, redes e lixo mariño en xoias. Faise chamar María de Dina, e dende Lixo Atelier mestura arte e o seu amor polo mar, sobre todo o de Louro, onde vive. María Candama converte refugallos mariños en pezas de bixutería. Todo comezou coma o traballo de fin de grao, e converteuse no seu modo de vida.

Como ela mesma conta, "o primeiro que fago ao levantarme é vir aquí, porque vivo aquí ao lado. O que me sae natural e vir dar un paseo pola praia, e así comezo o meu traballo que sería a recollida do material que uso. Os plásticos de botella nas nasas desbótoos, pero si que quedo cos cabos e as redes e todo o que é material téxtil, e tamén o que despois de eu procesalo e metelo dentro das xoias se vai pero se vai seguir vendo, un material que tivo unha antiga vida mariñeira e que estivo traballando no mar".

Engade: "Gústame moito cando un cabo ou unha rede está moi desgastados e se se lle ve que pasaron por riba deles o mar, os anos, e o sol, que lles fai unha degradación de cor. Eses materiais son os que mais me gustan porque paréceme que teñen máis historia que un cabiño que estea mais novo".

María non só crea xoias, senón que ensina a outros: "Gústame moito tamén facer os obradoiros acompañados dunha limpeza de praia. O primeiro que fas é baixar a praia e recoller material, nese punto a xente está ilusionada recollendo pero o ve coma un refugallo e din: 'Guau! como pode ser que isto que recollemos na praia e era lixo e agora pode ser esta peza tan rechamante'".

Esa é a maxia desta deseñadora apaixonada que dende Lixo Atelier fai pezas únicas, dende o mar para o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade