Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tender a roupa cara a rúa, unha tradición con risco de sanción

Tender a roupa cara a rúa, unha tradición con risco de sanción

É unha práctica moi estendida, pero prohibida en moitas ordenanzas municipais

En Barbadás, a ordenanza de convivencia contempla multas de ata 300 euros

 

G24.gal 26/03/2026 20:36

Non fai falta andar moito para captar imaxes de roupa secando nas fachadas.

"Aquí todo o mundo a tende nos balcóns. Isto non ten nada que ver con Torremolinos", di un veciño de Barbadás.

O certo é que están incumprindo a norma, concretamente, o capítulo de ornato público da ordenanza de convivencia cidadá de Barbadás.

Daniel Rey, tenente alcalde de Barbadás: "Basicamente é por unha cuestión de convivencia e de hixiene. Se hai denuncia, constitúe unha infracción leve, cunha sanción que pode oscilar entre os 60 e os 300 euros".

O decreto de habitabilidade de vivendas da Xunta tamén indica que os tendais non deben estar á vista. "Bonito non é. Se a persoa ten necesidade de facelo, non digo nada, pero bonito non é". "Nas casas máis ocultas non ten importancia, pero se vas por unha xeral...", comentan dúas mulleres.

O caso é que pouca xente é consciente desas restricións nin do risco de sanción. E hai máis cousas. Tampouco se pode regar a calquera hora, nin deixar os testos na ventá, polo risco de caída.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade