Comezan as obras da nova depuradora de San Cibrao das Viñas, cun investimento de 40 millóns
O proxecto promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica contempla o saneamento do río Barbaña
Arrancan as obras da nova depuradora de San Cibrao das Viñas. Esta infraestructura era unha reclamación unánime de concellos, veciños e empresarios e permite darlle servizo ao principal polígono industrial de Ourense.
Ademais, permite resolver os problemas de saneamento do río Barbaña. O Goberno investirá preto de 40 millóns de euros nesta depuradora. 15 millóns perdéronse pola tardanzar na tramitación do proxecto.
O subdelegado do Gobierno en Ourense, Eladio Santos, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), xunto á alcaldsa de San Cibrao, Marta Nóvoa, visitaron a zona de inicio dos traballos que comezaron esta semana coa preparación do terreo e a provisión de materiais.
O proxecto consiste na adecuación do sistema de saneamento do río Barbaña na contorna do municipio de San Cibrao e os seus polígonos industriais. Para iso proxéctanse actuacións na rede de colectores existente, tanto de pluviais como de residuais, e a remodelación da estación depuradora de augas residuais.