Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empezan as obras de saneamento do río Barbaña e da nova depuradora de San Cibrao

Empezan as obras de saneamento do río Barbaña e da nova depuradora de San Cibrao

O investimento achégase aos 40 millóns

G24.gal 27/08/2026 15:03

O Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Dirección Xeral da auga e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, iniciou as obras de mellora do saneamento do río Barbaña e a remodelación da depuradora no municipio de San Cibrao das Viñas, cun investimento superior aos 39,5 millóns de euros.

Os traballos, segundo explican nun comunicado, comprenden a substitución e instalación de máis de 19.000 metros de colectores e canalizacións para implantar unha rede separativa de augas pluviais e residuais, así como a adecuación da EDAR para dar servizo a unha poboación equivalente de 77.490 habitantes e procesar un caudal medio diario de 22.140 metros cúbicos.

O presidente da CH do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa, supervisaron é o inicio das obras. Trátase, segundo indicou Santos, de dar resposta a unha demanda histórica de veciños e empresas para frear a contaminación recorrente no río Barbaña.

"O compromiso do Goberno de España queda patente nesta emblemática e necesaria obra, que supoñerá a mellora da calidade das augas do Barbaña; aínda que, a colaboración e implicación de todas as Administracións e a concienciación social e do tecido empresarial segue sendo clave para evitar os episodios recorrentes de contaminación ao río", incidiu, pola súa banda, Quiroga.

Este proxecto súmase a outros investimentos estatais no ciclo da auga na provincia, como os 4,3 millóns destinados á optimización da rede en Ourense e os 7,6 millóns achegados ao PERTE da auga para a dixitalización da subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade