Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os carburantes encadean oito semanas á alza e tocan máximos do verán

Os carburantes encadean oito semanas á alza e tocan máximos do verán

O diésel xa custa un 23,7 % máis que a principios de xullo, ás portas da operación retorno 

G24.gal 27/08/2026 13:20

O prezo dos carburantes sumou esta semana a súa oitava subida consecutiva, con máximos do verán xusto antes da operación retorno de agosto. 

O litro do diésel situouse nos 1,881 euros, tras subir un 1,8 %, mentres que a gasolina alcanzou os 1,723 euros, un 1,55 % máis que a semana anterior. 

En termos interanuais, encher un depósito medio de 55 litros custa agora case 25 euros máis no caso do diéses e uns 13,5 euros máis no da gasolina. 

A suba coincide coa operación retorno, que prevé 6,9 millóns de desprazamentos entre este venres e o 31 de agosto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade