España e Portugal acordan adquirir conxuntamente vehículos militares da galega Urovesa
A compra faise ao abeiro do programa da UE deseñado para acelerar os investimentos dos Estados membro en capacidades críticas de defensa
Modelo Vamtac de Urovesa. Europa Press
Os Ministerios de Defensa de España e Portugal asinaron este xoves un memorando de entendemento para adquirir de xeito conxunto vehículos militases todoterreo de alta mobilidade táctica (VAMTAC) ao amparo do instrumento Security Action for Europe (SAFE), deseñado pola UE para acelerar os investimentos dos Vinte e sete en capacidades críticas de defensa.
A ministra de Defensa, Margarita Robles, e o seu homólogo portugués, Nuno Melo, presidiron o acto, celebrado na Fortaleza de San Xoán Bautista da Foz, no Porto.
A iniciativa establece tamén un marco sólido de cooperación entre ambos os ministerios para alcanzar unha capacidade integral de mobilidade terrestre táctica baseada nunha plataforma común e que reforce a interoperabilidade e intercambiabilidade entre as Forzas Armadas españolas e lusas.
"Con esta firma estamos a poñer en valor non soamente o traballo conxunto e España e Portugal, senón e o que é máis importante, á UE e á Europa da defensa", indicou Robles, segundo informou o Ministerio de Defensa nun comunicado.
O URO VAMTAC é un vehículo todo terreo de tracción ás catro rodas destinado principalmente ao ámbito militar e fabricado pola galega Urovesa na factoría de Valga.