Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen varios roedores de gran tamaño no barrio de Freixeiro, en Narón

Aparecen varios roedores de gran tamaño no barrio de Freixeiro, en Narón

Veciños das vivendas sociais de Amenadás denuncian a presenza de ratos duns 30 centímetros nas rúas 

Reclaman ao Concello unha maior limpeza na zona para evitar a proliferación dos animais 

G24.gal 21/01/2026 11:01

Os veciños do barrio de Freixeiro, en Narón, denuncian a presenza de ratas de gran tamaño preto das súas vivendas e piden ao Concello que intensifique os labores de limpeza na zona para evitar a proliferación destes roedores.

Son cincuenta familias as que se ven afectadas polos animais e residen nas chamadas vivendas sociais de Amenadás. "Agora veñen para a rúa a ver se encontran comida, eran tres, e non se inmutan de nada." 

"Ten máis medo un gato ca o rato" conta Rafael, portavoz dos afectados.

Di que chegan mesmo a entrar polos sumidoiros e apunta unha parcela situada a carón do poboado de Freixeiro, a escasos metros das vivendas, onde se acumula todo o lixo.

"Andaron uns tractores limpando e moveron todo iso, pero tal como se ve está todo moi mal, segue habendo ratos".

Tamén se queixan da falta de limpeza doutras leiras lindeiras que están a monte: "Aí en fronte é de particulares; de feito, uns limpan e outros non". 

E por iso reclaman maior limpeza. Porque tal como di Rafael non se limpa nada e están como abandonados.

En Freixeiro non se resignan a convivir con ratas pola rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade