Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Santiago piden medidas para o control de ratas no parque de Ramírez

Veciños de Santiago piden medidas para o control de ratas no parque de Ramírez

Aseguran que a poboación foi a máis pola falta de mantemento das trampas

O Concello di que a empresa de desratización vai actuar nas próximas horas

G24.gal 04/06/2026 14:12

Imaxes gravadas esta mesma semana amosan varias crías de rata pasean pola zona axardinada que rodea un dos parques infantís máis céntricos e concorridos de Santiago, o parque de Ramírez, a poucos pasos da Praza Roxa.

Malia que non é un problema novo, algúns comerciantes e veciños desta zona din que a poboación de roedores foi a máis ultimamente por falta de mantemento.

Din que están cansos de avisar na aplicación municipal e non recibir resposta. Precisan que alguén volva repoñer as trampas o antes posible.

O Concello, pola súa banda, confirma que xa pasou o aviso á empresa encargada da desratización, que, aseguran, ten previsto intervir nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade