Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hostaleiros e comerciantes do Morrazo piden medidas que mitiguen a suba da cota do lixo

Hostaleiros e comerciantes do Morrazo piden medidas que mitiguen a suba da cota do lixo

Os grupos da oposición anuncian alegacións e sinalan que as familias serán as grandes prexudicadas

A suba da taxa suporá case 6 millóns de euros entre Cangas, Moaña e Bueu

G24.gal 23/10/2025 08:03

Hostaleiros e comerciantes do Morrazo volveron reunirse este mércores pola tarde coa mancomunidade, no concello de Cangas, para pedir medidas que mitiguen a suba da cota do lixo. Presentaron propostas e alegacións. Denuncian que o incremento pode chegar ao 400 % nalgúns casos.

Tamén os grupos políticos da oposición en Cangas anuncian alegacións e non descartan acudir aos tribunais. Pídenlle á rexedora e presidenta da mancomunidade, Araceli Gestido, do BNG, que reflexione.

Din que as familias serán as grandes prexudicadas. De 68 euros de media pasarán a pagar case 130. En total, a suba da taxa suporá case 6 millóns de euros entre Cangas, Moaña e Bueu.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar