Cargando resultados...
A muller máis lonxeva de Galicia ten 108 anos e vive en Ourense
Esperanza Cortiñas, que vive no barrio ourensán da Ponte, é nai de tres fillas
Considérase presumida e non perdoa as partidas de cartas nin os bailes dos domingos
G24.gal
12/07/2025 09:37
Última actualización 12/07/2025 10:15
Esperanza ten 108 anos e cada día acode ao centro de maiores de Ourense para xogar a súa partida de cartas coas súas amigas Mari Luz e Áurea. Considérase moi presumida. Encántalle comer e non perdoa o seu chopo diario.
Nai de tres fillas, enviuvou aos cincuenta anos. Non casou porque non quixo. Pretendentes nunca lle faltaron. Encántalle o baile, sempre con zapatos de tacón. Traballou moi duro. Sabe que neste tempo houbo momentos bos e malos.
Esperanza suma estes días un novo galardón, o de converterse na muller máis lonxeva de Galicia.